Destacada

Saída científica 20 maio (día non lectivo elexido polo centro)

Coma en outras datas, ofrecemos unha alternativa cultural/científica e de conciliación no día de libre disposición do Centro (luns 20 de maio).

Nesta ocasión trataríase dunha visita a Casa das Ciencias, con sesión de planetario, e posterior tempo de xogos no parque de Santa Margarita.

Agradecemos se podedes cubrir o formulario adxunto en caso de estar interesado/as (actividade suxeita a número mínimo). Data límite luns 13 maio.

Esperamos que sexa do voso interese!

https://forms.gle/rYwGeo4e28BmGWBE6

Destacada

Actividades extraescolares 2023-2024

Adxuntamos a proposta de actividades extraescolares para o vindeiro curso. Coma sempre, a súa realización estará suxeita a acadar o número mínimo de alumnado.

As principais novidades deste curso son:

  • Continúanse coas actividades de Judo (Judo Hércules), Hockey (Clube Hockey Oleiros), Baile (Sadanza), Robótica (Robotix) e Ximnasia Rítmica (Acordes).
  • Incorpórase Baloncesto (CBM Oleiros)
  • Modifícanse as empresas de Inglés (Portobello W11), Multideporte (Sadanza) e Teatro (Daniel Otero) co fin de mellorar a calidade das actividades

Colgamos neste mesmo enlace as vías de inscrición nestas actividades. Esperamos que esta oferta sexa do voso interese e que o alumnado as desfrute. Por favor, lembrade que a inscrición ten que realizarse sempre antes do día 20 do mes anterior, ao igual que as baixas ou modificacións.

Actualmente están pechadas e con lista de agarda: Baile (Infantil e Primaria) e Inglés (Infantil)

Judo

As tarifas son 20 euros/2 horas á semana para socios ANPA e 22 euros/2 horas á semana para non socios, agás Judo (22 socios e 25 non socios) e Robótica (1,5 horas; 35 socios e 37 euros non socios)

Destacada

Servizo Madrugadores

Este curso 2023-2024 tamén teremos servizo de madrugadores de 7:30 a 9:00 con posibilidade de almorzo.

As tarifas serían:

Con almorzo
Socios ANPA: 47 EUR/mes
Non socios ANPA: 52 EUR/mes
Días soltos: 4,5 EUR/día


Sen almorzo:
Socios ANPA: 35 EUR/mes
Non socios ANPA: 40 EUR/mes
Días soltos: 3,5 EUR/día

Para facer a inscripción, podedes acceder a partires do 1 de agosto ao enlace inferior clickando en Área de clientes- CEIP Rabadeira (usuario: rabadeira e contrasinal: comedores2023). Tanto os usuarios fixos como esporádicos deberán facer a inscrición antes do 26 do mes anterior. O servizo de almorzo é realizado por Jardanay comedores:

www.jardanay.es

En caso de utilizar o servizo en días soltos, podedes acudir directamente a madrugadores, onde se adquiren ós monitores vales por un ou máis días. Por favor recordade que en todo caso é necesario rexistrar ao alumno/a previamente no enlace anterior. En caso de necesitar o servizo de maneira urxente e non ter inscrito ao alumno/a a finais do mes anterior, por favor escribide a anpaensinorabadeira@gmail.com con aló menos 24h de antelación.

A última hora de recepción de alumnado con almorzo será ás 8:30, e ás 8:40 sen almorzo.

Para facervos socios da ANPA podedes acceder ó enlace inferior:

https://forms.gle/dUnBLxSe5cRLyLS79

Calquera dúbida, coma sempre, podedes escribirnos a anpaensinorabadeira@anpaensinorabadeira

Destacada

Formulario Inscrición

No enlace inferior podedes facer a alta como socios da ANPA Ensino Rabadeira para o curso 2023-2024 (lembramos que é necesario facer a alta cada ano, ao non estar domiciliada). Agradecemos se podedes adxuntar no propio formulario o xustificante de pago (25€/familia), tras facelo na conta ES75 2080 0202 37 3040032477. Importante indicar o nome da familia (apelidos do neno/a) no concepto da transferencia.

Grazas pola vosa colaboración!

https://forms.gle/dUnBLxSe5cRLyLS79

Exhibicións actividades extraescolares

Informámosvos do programa de exhibicións de actividades extraescolares de final de curso:

Venres 14 xuño, de 15:30 a 17:00: Demostración de Robótica (cancelaríase a clase do venres 21 xuño, para facilitar tamén a ceremonia de graduación de Infantil)

Martes 18 e mércores 19 xuño, de 15:00 a 17:00: Portas abertas para as actividades de Baloncesto, Inglés, Teatro e Hockey

Xoves 20 de xuño de 15:30 a 17:00: Exhibición en pavillón de Judo, Ximnasia Rítmica, Multideporte e Danza Moderna (o acceso sería pola porta traseira do pavillón a partires das 15:15 e a entrega pola porta habitual de extraescolares ás 17:00)

Esperamos que alumnado e familias as desfrutedes!

Campamentos e actividades de verán

Neste enlace iremos colgando opcións das empresas/clubes que ofertan actividades extraescolares. Como sabedes, por mor das obras no centro en verán, non poderemos ofrecer o campamento ANPA. Se necesitades información adicional non dubidedes en contactarnos.

Teatro

Cursos de verán en Casa Hamlet https://blogdecasahamlet.blogspot.com/

Multideporte e Danza

Con desconto para o alumnado que acudiu no curso 2023/2024 a extraescolares de Multideporte e Danza Moderna

Judo

Enlace web: https://judohercules.com/vi-bastiagueiro-sports-camp/

Enlace inscripción: https://judohercules.playoffinformatica.com/actividad/256/VI-Sports-Camp-Judo-Hercules/

Obradoiros Familias Inquedas Concello Oleiros

Dende o Programa Familias Inquedas da concellería de Servizos Sociais e Igualdade ábrese o martes da semana que ven o prazo de inscrición para dous novos obradoiros:

§  Educa Bonito: dirixido a familias con fillos e fillas de 0 a 10 anos

§  Acompañando na adolescencia: dirixido a familias con fillas e fillos de 11 a 17 anos

https://www.oleiros.org/es/actividades-sociales/-/asset_publisher/Zy1pF827NYjN/content/id/1139390

Campamento Verán

Informamos que, debido ás obras previstas no centro neste verán, non será posible realizar campamento da ANPA.

Varias das empresas/clubes de extraescolares, así coma outras entidades (ex. Concello de Oleiros) ofertan opcións que difundiremos a través do blogue e redes. Quedamos á vosa disposición en caso de necesitar información ao respecto.

Diseña un sitio como este con WordPress.com
Comenzar