No día de hoxe mantivemos una reunión informativa no centro. Dentro dos temas comentados, destacamos os seguintes:
1.- Presentouse o equipo da ANPA:
- Presidenta: Raquel Grela
- Vicepresidenta: Beatriz Cañás
- Secretaria: Begoña Zabal
- Tesoreira: María Medín
- Vogal: Verónica Rodríguez
- Vogal: Marisa Castro
- Vogal: María Fondado
2.- Resumíronse os obxectivos principais da ANPA:
- Servir de enlace entre as familias de alumnos e o Centro.
- Cooperar na marcha do Centro.
- Ofrecer actividades culturais e lúdicas ás familias socias.
- Colaborar nas actividades educativas e extraescolares do Centro.
- Relacionarse co resto dos membros da comunidade educativa e organismos (Concello, Asociación de ANPAs, etc.).
- Realizar labores de representación nos órganos competentes, como o Consello Escolar.
3.- Resolvéronse determinadas dudas sobre o funcionamiento da ANPA, o comedor e as actividades extraescolares.
4.- Facilitouse o formulario de inscrición, que deberá ser enviado xunto co xustificante de ingreso o email anpaensinorabadeira@gmail.com, que tamén adjxuntamos neste blogue.