O pasado 10 de febrero, ANPA Ensino Rabadeira reuniuse co claustro de profesores para transmitir á súa disposición, en concreto para mostrar o seu interese en:
- Establecer un nexo facilitador das relacións entre as familias e o persoal do centro colaborando en todo aquelo que poida mellorar as necesidades do alumnado.
- Escoitar as diferentes propostas que os mestres do centro podan facer para tratar de colaborar en todo o que consideren que podemos servir de axuda/apoio.
- Organizar diferentes actividades (charlas, saídas, cursos) nas que estaríamos encantadas de que participase o claustro. Tamén que éste faga propostas sobre temas que considere de interese para @s cativ@s.
- Ofrecer a nosa axuda nos distintos proxectos que levan a cabo @s profesor@s: patios, biblioteca, TIC, saídas, etc.