Remitimos comunicado do centro publicado na súa web.
Prezadas familias,
Queremos agradecervos, de parte de toda a comunidade educativa do CEIP. Plurilingüe da Rabadeira, a comprensión que todas as familias estades a demostrar de acorde coas circunstancias tan complicadas que estamos a vivir.
Informámosvos que:
A Consellería publicou as seguintes instrucións sobre a concreción de medidas a adoptar en relación coa avaliación do 2º trimestre:
1. A efectos de dar continuidade no calendario escolar, os centros educativos procederán a formalizar o peche da avaliación do segundo trimestre o 3 de Abril
2. Non serán avaliables as actividades relacionadas cos contidos curriculares realizadas polo alumnado con posterioridade á data de declaración do estado de alarma. En consecuencia, aqueles centros que non teñan formalizado o peche da avaliación do segundo trimestre procederán a formalizalo co traballo desenvolvido ata dita data.
Atendendo a estas instruccións os equipos docentes avaliarán, durante esta semana, o proceso de ensino-aprendizaxe comprendido entre o 8 de Xaneiro e o 12 de Marzo por ser o último día lectivo presencial obrigatorio.
As notas da 2ª avaliación publicaranse o venres 3 de Abril. Podedes acceder a esta información a través da aplicación ABALARMOBIL.
Podedes instalalo premendo neste enlace:
https://www.edu.xunta.es/espazoAbalar/es/noticia/abalarmobil
(funcionará coas liñas de móbil que foron comunicadas na Secretaría do centro educativo cando matriculastedes ao voso/a fillo/a se hai algún cambio póñedevos en contacto a través do correo do centro ceip.rabadeira@edu.xunta.es)
De todos os xeitos, se non fose posible ter este sistema, o/a titor/a de cada grupo contactará vía correo electrónico con cada familia.
Moitas grazas pola vosa colaboración e un saúdo.
O Equipo directivo