Segundo informan os distintos medios de comunicación, o Ministerio de Educación, e as Comunidades Autónomas acordaron a promoción xeral para alumnos de primaria, secundaria e primeiro de bacharelato este curso 2019-2020, deixando a repetición de curso como algo absolutamente excepcional. Queda pendente de confirmación por parte da Xunta de Galicia se no terceriro trimestre se avanzará materia ou so se reforzarán os contidos anteriores.
En canto dispoñamos de máis información engadirémola neste blog.