Dende a ANPA puxémosnos en contacto co equipo directivo do CEIP Plurilingüe Rabadeira para ofrecer a colaboración pola nosa parte mentres dure o estado de alarma e a ausencia de escola presencial.
Cando se tomen decisións sobre ás últimas medidas dispostas pola Xunta o pasado 17 de abril, participaremos en calquera acción colaborativa ou de intermediación coas familias que sexa requerida.
Igualmente, as familias poden dirixirse a nós (anpaensinorabadeira@gmail.com) para calquera cuestión ou inquedanza neste periodo.