Facémosvos chegar información de interese remitida polo centro.
1. Prazo de presentación de solicitudes de admisión.
Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.
O centro educativo deberá rexistrar as solicitudes na aplicación informática de xestión do proceso, «admisionalumnado», durante o día inmediato hábil seguinteao da súa presentación.
2. Novosprazos do procedemento.
a) De conformidadeco artigo 33 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, os demaisprazos do procedemento de admisión reduciranse á metade.
b) Novosprazos do proceso:
● Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: ata o día 26 de maio de 2020.
● Publicación das listaxesprovisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.
● Poderanse formular reclamacións contra as listaxesprovisionais no prazo de 3 días hábiles contados desde o seguinteao da súa publicación.
● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020.
● Formalización da matrícula en educación infantil e primaria: do 1 ao 10 xullo de 2020.
● Formalización da matrícula ordinaria en educación secundaria obrigatoria e bacharelato: do 1 ao 10 xullo. Prazo extraordinario: do 1 ao 10 de setembro de 2020.
Normas para garantir a seguridade de todos e todas durante o proceso administrativo.
Recomendamos facer o trámite on-line na Sede Electrónica da Xunta de Galicia.
Para atención no centro necesítase cita previa no teléfono 881960270
O trámite realizarasenun máximo de 15 minutos.
So poderávirunhapersoa por familia. A conserxefacilitaralles a entrada.
Recoméndase o uso de mascarilla.
Deberán gardar a distancia de seguridadeatendendo as indicacións no chan.
O centro permanecerá aberto desde o luns 11, única e exclusivamente para atender o proceso de admisión e outros trámites administrativos.