Fondo de libros e axudas Xunta de Galicia

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 20/05/2020 ata o 19/06/2020, ambos os dous inclusive.

 Normas para garantir a seguridade de todos e todas durante o proceso administrativo.

Recoméndase facer o trámite dixitalmente.

Lembren traer todas as fotocopias da documentación a entregar.

Deben traer bolígrafo.

Para atención no centro necesítase cita previa no teléfono 881960270

O trámite realizarase nun máximo de 10 minutos.

So poderá vir unha persoa por familia. A  conserxe facilitaralles a entrada.

Recoméndase o uso de mascarilla.

Deberán gardar a distancia de seguridade atendendo as indicacións no chan.

O centro permanecerá aberto dende o 19 de maio, única e exclusivamente para atender o proceso de axuda libros de texto e/ou material escolar e outros trámites administrativos en horario de 09:30h. ata 14:00.

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (ED330B). (DOG nº 96 do 19/5/2020)


A participación no fondo solidario de libros de texto do alumnado matriculado en 3º, 4º, 5º e 6º de educación primaria (en diante, EP) e en 1º, 2º, 3º e 4º de ESO; cursos en que, necesariamente, se manterán os libros de texto do curso 2019/20, , agás en 3º e 5º de EP, en que se permitirá a adquisición e substitución de libros de texto, de acordo co establecido na Orde do 29 de maio de 2013 (DOG do 30 de maio) pola que se determina o período de vixencia dos libros de texto e demais materiais curriculares.A convocatoria de axudas para adquirir libros de texto destinadas ao alumnado matriculado en 1º e 2º de EP e en educación especial (en diante, EE); así como as axudas que pode recibir o alumnado incluído nas disposicións adicionais primeira e segunda desta orde.A convocatoria de axudas para adquirir material escolar destinadas ao alumnado matriculado en EP, ESO e EE.O alumnado matriculado nos centros e cursos incluídos no proxecto educación dixital (E-DIXGAL) no curso 2020/21 está excluído da participación no fondo solidario de libros de texto e das axudas para adquirir libros de texto. Non obstante, terá dereito á axuda para adquirir material escolar, así como ás establecidas nas disposicións adicionais primeira e segunda, se reúne os requisitos establecidos nesta orde.


Solicitude
A solicitude será única para todos os fillos e, de ser o caso, tutelados que estean admitidos no mesmo centro docente para o curso 2020/21; nela especificarase o nivel de estudos que espera realizar cada un deles no citado curso. Se estivesen admitidos en centros docentes distintos, presentarase unha solicitude en cada un dos centros, na cal se incluirán os admitidos nese centro para o curso 2020/21. No caso de que a solicitude se tramite por vía electrónica empregando a aplicación Fondolibros, será necesaria a presentación dunha solicitude por cada alumno/a.
Cando o alumnado, no momento de presentar a solicitude, aínda non estea admitido en ningún centro docente para o curso 2020/21, deberá presentala no centro en que estivese matriculado no curso 2019/20. Este centro rexistrará a solicitude de maneira que acredite a súa entrada en prazo e enviaraa ao centro de destino en que o alumno resulte admitido, que será o encargado da súa gravación e tramitación.


En caso de presentación (por vía electrónica e/ou presencial) de máis dunha solicitude, a persoa solicitante deberá presentar ante o centro docente un escrito onde indique cal desexa que se tramite.
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica nos formularios normalizados dispoñibles na aplicación informática «fondolibros» (https://www.edu.xunta.es/fondolibros) a través da sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal


Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente nos centros docentes ou en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Publicado por ANPA ENSINO CEIP RABADEIRA

anpaensinorabadeira@gmail.com

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Crea tu sitio web con WordPress.com
Primeros pasos
A %d blogueros les gusta esto: