Prezadas familias.
Antes de nada, esperamos que estedes todos ben.
Queremos informarvos de que, tralo paso polo Consello Escolar , e co ánimo de equiparar o funcionamento da maioría dos centros con ANPA, a partires de setembro será a ANPA a que se fará cargo das actividades extraescolares.
Despois das enquisas realizadas ás familias, de referencias doutras ANPAs e de varias reunións con distintas empresas adicadas a isto, compartimos con vós a proposta de actividades extraescolares para o curso 2020-2021.
Ademais das actividades xeralistas ofrecidas por Serocio e a actividade de Hockey/Patinaxe do Clube Oleiros, contamos asimesmo coa incorporación de tres novas empresas/asociacións especializadas: Judo UDC, Sadanza e Robotix. Con todos eles, a proposta queda configurada da seguinte maneira:
Educación Infantil:
- Inglés (Serocio)
- Minideportes (Serocio)
- Teatro (Serocio)
- Manualidades (Serocio)
- Educación Musical (Serocio)
- Cociña (Serocio)
- Judo (Judo UDC)
- Hockey e patinaxe (Club Hockey Oleiros)
- Danza Moderna (Sadanza)
- Ballet (Sadanza)
- Robótica (Robotix)
Educación Primaria
- Inglés (Serocio)
- Obradoiro de lectura (de 1º a 2º) (Serocio)
- Hora de estudio (de 3º a 6º) (Serocio)
- Baloncesto (impartido por monitores do CBM Oleiros) (Serocio)
- Teatro (Serocio)
- Xadrez (Serocio)
- Fútbol (impartido por monitores FS5 Coruña) (Serocio)
- Debuxo e Pintura (Serocio)
- Cociña (Serocio)
- Judo (Judo UDC)
- Danza Moderna (Sadanza)
- Ballet (Sadanza)
- Acrodance (Sadanza)
- Robótica (Robotix)
Nota: a conformación final de grupos dependerá do nivel de demanda de cada unha das actividades.
Este ano conseguimos tamén e unha tarifa preferente para membros da ANPA.
Asimesmo, continuará ofertándose o servizo de madrugadores, neste caso reforzando a actividade con dous monitores e apostando por almorzos saudables e o ocio educativo.
Adxuntamos os folletos provisionais. Para informarvos máis polo miúdo destas actividades e resolver calquera dúbida que poidades ter convidámosvos ás seguintes sesións informativas por internet o 5 de xuño (venres):
(Recomendámosvos probar os accesos antes da reunión e baixar a aplicación Zoom)
Sadanza (por disponibilidade) Introducción ANPA Serocio | 16: 00 -17:00 | Unirse á reunión Zoom https://us04web.zoom.us/j/73090126279?pwd=T1JpTXM4UmFHbElxMU9SMXFlUjZEUT09 ID de reunión: 730 9012 6279 Contraseña: 8giWjY |
Judo UDC Clube Hockey Oleiros Robotix | 17:00 -18:00 | Unirse á reunión Zoom https://us04web.zoom.us/j/71746791507?pwd=V2VxcWEreXRKWmozNlJqTC9mYTV4QT09 ID de reunión: 717 4679 1507 Contraseña: 1mCY9h |
No mes de setembro esperamos poder repetir estas sesións, se pode ser de maneira presencial.
Esperamos que esta proposta sea do voso interese. Para calquera outra cuestión ou suxerencia podedes contactar con nós en anpaensinorabadeira@gmail.com.