Informámosvos que o banco de préstamo de libros solidario da ANPA (distinto do fondo de libros da Xunta de Galicia) terá lugar previsiblemente a principios do mes de xullo, cando a situación sexa máis favorable.
En canto teñamos datas e instruccións concretas farémosvolas chegar a través desta canle. No periodo intermedio, rogamos que aquelas familias que teñan libros prestados pola Asociación do ano pasado os conserven ata entón. Igualmente, aquelas familias que desexen doar os libros rogamos que os reteñan. En calquera caso, estamos á espera do listado definitivo de libros para cada curso, que sera publicado polo centro.