O pasado 22 de xullo as Consellerías de Educación e Sanidade da Xunta de Galicia publicaron o Protocolo de adaptación ao contexto da COVID 19 nos centros de ensino non universitario para o curso 2020-2021.
En dito Protocolo establécese que cada centro debe elaborar un Plan de adaptación á situación COVID, actualmente en proceso de elaboración.
A ANPA Ensino Rabadeira está en contacto co Centro, o Concello e tamén co resto das ANPAs de colexios e institutos de Oleiros para estar informados e coordinados.
En relación co Protocolo publicado pola Xunta, a ANPA remitiu as seguintes cuestións ó centro:
- Membros do Equipo COVID formado por Dirección e 2 profesores/as.
- Canles de comunicación con familias
- Espazos a habilitar no centro para illamento
- Distancia nas aulas. Necesidade ou non de desdobramento
- Reforzo da limpeza. Coordinación co Concello de Oleiros
- Ensino en remoto. Acceso de familias aos medios telemáticos
- Organización de entradas e saídas
- Ciclo adaptación en 4º Infantil
- Transporte
- Comedor. Capacidade real cunha quenda. Posibilidade de dúas quendas
- Biblioteca
- Recreos
- Patios
- Alumnos/as con necesidades educativas especiais
Manterémosvos informados a través desta canle.
Un comentario en “Protocolo COVID- CEIP Rabadeira”