Enlaces anteriores sobre o tema:
https://anpaensinorabadeira.wordpress.com/2020/08/18/protocolo-covid-ceip-rabadeira-actualizacion/
Actualizámosvos da situación actual. O pasado luns reunímonos dende a ANPA co Equipo Directivo do centro co fin solventar dúbidas e de traballar conxuntamente nos protocolos do colexio, madrugadores e actividades extraescolares, nos que está tamén involucrada unha empresa especialista no tema. Ditos protocolos faranse públicos nos próximos días, tanto na web no centro coma neste blogue da ANPA.
Sí podemos anticipar que se fará todo o posible para establecer varias quendas de comedor co fin de garantir a seguridade do alumnado. Neste sentido, a necesidade de pais/nais coidadores de comedor é maior que nunca, polo que facemos un chamamento para tod@s aquel@s que poidades colaborar. Adxuntamos enlace onde podedes descargar a solicitude.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprabadeira/node/248
Recomendámosvos tamén que instaledes Abalar Móvil, xa que será a canle de comunicación máis rápida entre o centro e a comunidade educativa.
Calquera dúbida, coma sempre, podedes contactar a través de anpaensinorabadeira@gmail.com.