Como sabedes, por mor da situación actual e dos protocolos COVID 19 a aplicar, a necesidade de coidador@s de comedor e maior que nunca. Animamos a todas as familias que podan colaborar a facelo inscribíndose no seguinte enlace:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprabadeira/node/248
Adicionalmente, dende a ANPA queremos colaborar ofrecendo un desconto do 50% na cuota anual (12,5 euros en lugar de 25 euros) para as familias que teñan alo menos un coidador/a de manera estable no comedor do centro. A pertenza como socios da ANPA, como sabedes, da acceso a tarifas preferentes en madrugadores e actividades extraescolares (ex. 19 EUR/mes por 2 horas de actividades semanais en lugar de 21 EUR/mes), así como acceso gratuito a calquera das saídas, festas, excursións, etc. que se realicen.
Esperamos que esta medida sexa do voso agrado e esperamos contar co maior número posible de pais/nais colaboradores no comedor nestes momentos en que é tan necesario.
Recordámosvos que o plazo para darse de alta como socio da ANPA no curso 2020-2021 comeza o 1 de setembro.
Un comentario en “Coidador@s comedor- Beneficio cuota ANPA”