Como xa anticipamos, este ano o comedor necesita máis pais/nais voluntarios como coidadores, ó ter dúas quendas e ter que respetar os grupos estables de convivencia. Por elo facemos un chamamento a tod@s os que poidades colaborar. O enlace coa solicitude é o seguinte:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprabadeira/node/248
Dacordo coa instrución 2/2019 da Consellería de Educación, do 16 de xuño, a compensación económica polos gastos dedicación e desprazamento será de 9,39 por día de asistencia efectiva ao comedor.
Adicionalmente, os colaboradores comen de 12:30 a 13:00, antes do inicio das quendas de comedor para os alumnos/as. Necesítanse coidadores/as para o periodo completo (de 12:30/13:00 a 15:00) aínda que tamén seríades de axuda na segunda quenda (de 14:00 a 15:00).
Asimesmo, dende a ANPA queremos colaborar cun desconto do 50% na cuota para as familias d@s coidador@s estables. Tendes toda a información no enlace inferior:
https://anpaensinorabadeira.wordpress.com/2020/08/28/coidadors-comedor-beneficio-cuota-anpa/
Grazas anticipadas pola vosa axuda!