Co fin de manter o cumprimento á legalidade vixente, e facendo uso das opcións que esta normativa permite, este ano, o comedor escolar funcionará por quendas, sendo a primeira dende as 13.00 ás 14:00 h e a segunda de 14:00 a 15:00 h.
Na primeira quenda xantará o alumnado de Infantil e o de 1 e 2 EP.
Ao rematar o xantar a primeira quenda, sairán ao patio se o tempo o permite (por grupos estables de convivencia) ou, en caso contrario, voltarán á sua aula, onde poderan permanecer ata ás 15:00 h, con un coidador.
Dadas estas especiais circunstancias, se alguén o desexa, pode solicitar o servizo de bus ás 14.00 h, sen necesidade de que o alumnado permanezca no cole ata as 15:00. Asimesmo, poderan ser recollidos as 14:00 h polas familias.
A última hora de clase, que os usuarios de comedor adicarán a xantar, non se avanzará materia algunha.