Actividades extraescolares

De acordo co anticipado, abrimos o prazo de inscrición para as actividades extraescolares a partires do 1 de outubro. A data límite de inscrición é o próximo 28 de setembro.

Na anunciada Multiactividade que se levará a cabo de 15:00 a 16:00 h., as actividades rotan polos grupos, respectando os grupos de convivencia estables e a distancia de seguridade, desenvolvéndose en espazos axeitados dependendo da actividade (pavillón, salón de actos, aula psicomotricidade, aulas, etc.).

Adicionalmente, incluimos a opción de Inglés para os tres niveis (Infantil, 1º-2º de Primaria e 3º a 6º de Primaria) todos os días de 15:00 a 16:00 h., cumprindo tamén coas instruccións en materia de grupos de convivencia e distancia de seguridade.

Por último, de 16:00 a 17:00 h. ofrecemos a actividade Multideporte para os tres niveis, na que se introducirá un deporte distinto cada semana e na que, por suposto, seguiremos mantendo os grupos estables de convivencia.

Lamentamos os inconvenientes que vos poidan ocasionar os cambios realizados pero, nas actuais circunstancias, consideramos, xunto coas empresas coas que chegaramos a acordo, que é o máximo que podemos asumir.   

Serocio, a empresa responsable das actividades extraescolares, ofrece, ademáis das tarifas preferentes para socios da ANPA, prezos especiais para máis de 2 días á semana, tal como podedes ver no documento adxunto.

Para formalizar a inscrición, podedes utilizar o seguinte formulario:

Recordamos tamén que aqueles que necesitedes o servizo Concilia no mes de setembro podedes facelo directamente vía e-mail a serociotl@gmail.com, indicando nome e apelidos do neno/a, persoa de contacto, teléfono, alerxias e día(s) o(s) que iría a actividade, antes das 16:00 do venres anterior.

Por último, reenviamos os detalles do servizo de madrugadores, que figuran no seguinte enlace:

https://anpaensinorabadeira.wordpress.com/2020/09/03/servizo-madrugadores-inscripcion/

Esperamos que estas opcións axuden a conciliación familiar e que os nenos/as as disfruten.

Publicado por ANPA ENSINO CEIP RABADEIRA

anpaensinorabadeira@gmail.com

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Crea tu sitio web con WordPress.com
Primeros pasos
A %d blogueros les gusta esto: