Ante as dúbidas plantexadas por algunhas familias, remitimos exemplos concretos do establecido no modelo de declaración responsable e na enquisa de autoevaluación.
É moi importante NON enviar o neno/a o colexio nas seguintes circunstancias:
- se o alumno/a ten síntomas compatibles coa COVID-19 (ver enquisa autoevaluación), poñéndose en contacto co seu pediatra e con algunha das persoas membros do equipo COVID do centro educativo.
- se algunha persoa do núcleo familiar é sospeitosa de padecer a COVID-19, o alumno/a ata que se coñeza o resultado da proba e sexa negativo. A persoa afectada ou a súa familia comunicarán o resultado á persoa coordinadora COVID do centro.
Tamén é necesario considerar que, se algún contacto estreito do neno/a (ex. coidadores, profesores/compañeiros de actividades fora do centro, etc.) é necesario seguir a mesma lóxica. Se todos somos prudentes podemos reducir os contaxios.
Recordamos a necesidade de remitir o modelo de declaración responsable ó centro, a través dos neno/as ós titores.
Adxuntamos un esquema que esperamos sexa de utilidade:
