Comedor e transporte- Dobre quenda

Ante as cuestións plantexadas polas familias, actualizámosvos da situación a día de hoxe:

Como xa vos informamos en entrada anterior, co fin de poder manter o servizo de comedor a tódolos comensales do centro (máis de 300) en condicións de seguridade tal e como establecen as indicacións da Xunta, estableceuse unha dobre quenda de comedor.

Dacordo co establecido pola Xunta nas súas instruccións, «Para a saída do centro ou para o inicio do servizo de comedor poderase flexibilizar o horario dentro da última hora lectiva. O equipo directivo
determinará a saída por colectivos con distancias horarias, sempre que sexa posible»
.

Desta forma, establecéronse dúas quendas, sendo a primeira dende as 13.00 ás 14:00 h e a segunda de 14:00 a 15:00 h.

Así, os alumnos de Infantil e 1º/2º Primaria acuden ó comedor ás 13.15 para xantar. Ao rematar o xantar a primeira quenda, saen ao patio se o tempo o permite (por grupos estables de convivencia) ou, en caso contrario, voltan á sua aula, onde poden permanecer ata ás 15:00 h, con un coidador. Asimesmo, ofreceuse a posibilidade de que dito alumnado empregase o servizo de bus ás 14:00

Os últimos 45 minutos de clase, que os usuarios de comedor de Infantil e 1º/2º de Primaria adican a xantar, non se avanza materia algunha.

Dende a ANPA puxémonos en contacto coa Xunta (Inspección, Comedores e Transporte) para buscar opcións tanto para trasladar as quendas hacia ás 14.00 (únicamente posible se se modifican os horarios do bus) e para solicitar reforzo/axuda de coidadores, xa que a día de hoxe non existen suficientes para os 22 grupos estables de convivencia (11 na primeira quenda e 11 na segunda). Tamén puxémonos en contacto co Concello para analizar alternativas que podan axudarnos.

Manterémosvos informados a través desta canle. Calquera cuestión, coma sempre, non dubidedes en contactar a través de anpaensinorabadeira@gmail.com.

Publicado por ANPA ENSINO CEIP RABADEIRA

anpaensinorabadeira@gmail.com

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Crea tu sitio web con WordPress.com
Primeros pasos
A %d blogueros les gusta esto: