Informarvos que, dende a ANPA Ensino Rabadeira puxémonos en contacto coa Dirección Técnica da Xunta para coñecer o estado da solicitude remitida xa no curso pasado polo centro a través de Comisión de Comedor do centro en relación cunha segunda porta de saída no comedor.
Na actualidade os alumnos/as entran e saen pola porta que comunica co edificio principal. Consideramos que, para incrementar as medidas de seguridade en caso de emerxencia e tamén na situación sanitaria actual, sería necesario unha segunda porta de saída ó patio, abrindo unha xanela ata o chan.
Desta maneira, os nenos poderían entrar pola porta que comunica co edificio principal e saír pola porta cara o patio, que ademáis está cuberto nesa zona.
Informarémosvos de avances a través desta canle.