Dende a ANPA queremos comunicar ás familias e ó resto da comunidade escolar do CEIP Rabadeira que, coa colaboración da Asociación Cultural, Lúdica e Deportiva A Pezoca, cedeuse ó centro o uso de 25 ordenadores co fin de que sexan utilizados tanto polo propio colexio coma, de ser necesario, polas familias que puidesen chegar a precisalos. Cando sexa posible tamén para dotar de medios á eventual aula de informática que poida volver a crearse no centro.
A adquisición dos equipos non supuxo custe algún nin para esta ANPA nin para a Asociación A Pezoca, xa que proceden dunha doazón da Administración do Estado.