Dúbidas comedor

Ante as cuestións plantexadas por algunhas familias sobre o servizo de comedor, informarvos do seguinte, ademáis da información ya remitida en entradas anteriores (ver link inferior, onde indicamos as accións iniciadas con Xunta e Concello sobre transporte e comedores).

https://anpaensinorabadeira.wordpress.com/2020/09/20/comedor-e-transporte-dobre-quenda/

Adicionalmente, voltamos a solicitar unha segunda porta de saída do comedor á Unidade Técnica da Xunta de Galicia.

https://anpaensinorabadeira.wordpress.com/2020/09/20/comedor-segunda-porta-saida/

Ante a falta de colaboradores de comedor (como xa sabedes polas reiteradas peticións que vos fichemos chegar) e co fin de botar unha man no inicio do servizo e tamén para comprobar o funcionamiento seguro do comedor, dous membros da directiva da ANPA asistimos varios días ó mesmo. Como conclusión:

  • Respétanse as dúas quendas establecidas. Realízase limpeza e desinfección das mesas e cadeiras entre quenda e quenda.
  • As entradas e saídas realízanse escalonadamente, facendo hixiene de mans á entrada e á saída.
  • Os usuarios/as séntanse en mesas que só comparten con outros comensais que forman parte do seu grupo estable de convivencia, preferentemente mantendo sempre o seu posto día tras día.
  • Entre cada grupo estable de convivencia existe máis de 2 metros, deixando unha mesa libre de ocupantes entre grupo e grupo.
  • Os comensais non comparten ningún material nin enseres.
  • Os comensais son servidos polo coidador para evitar calquer tipo de manipulación de menaxe.
  • A indicación é que, unha vez finalizado o xantar, os nenos volvan a levar a mascarilla.
  • Os grupos estables da primeira quenda (Infantil e 1º/2º Primaria) voltan ás súas aulas ou patio (ou acuden ó servizo de transporte ás 14:00, se así o elixiron as familias), respectando os grupos estables de convivencia e/ou distancia de seguridade.

Na actualidade, debido á falta de coidadores, é posible que dous (ou mesmo tres) grupos sexan atendidos polo mesmo coidador/a, que non é a situación axeitada e pola que tanto dende o centro e a ANPA solicitamos coidadores adicionais. Aproveitamos para agradecer de novo a colaboración dos coidadores habituais e tamén a esporádica de moitos pais/nais que acudiron a reforzar o servizo nestas semanas.

Adicionalmente, dende o centro e a comisión económica na que os representantes das familias estamos presentes, estáse a analizar a posibilidade da instalación de mamparas.

Calquera cuestión adicional, non dubidedes en facérnola chegar a anpaensinorabadeira@gmail.com.

Publicado por ANPA ENSINO CEIP RABADEIRA

anpaensinorabadeira@gmail.com

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Crea tu sitio web con WordPress.com
Primeros pasos
A %d blogueros les gusta esto: