Como xa comunicou o centro, hoxe recibiuse a confirmación da concesión por parte da Consellería da Xunta de Galicia de 10 coidadores de comedor máis. Isto quere dicir que teremos 21 coidadores, ademáis do encargado/a. Esto permitiranos ter 1 coidador por cada grupo estable de convivencia (11 na primeira quenda e 11 na segunda quenda).
No enlace inferior xa publicamos a forma e condicións para facer a solicitude de coidador/a. Hoxe máis que nunca pedimos a vosa colaboración para ser coidador no comedor.
https://anpaensinorabadeira.wordpress.com/2020/09/04/necesidade-coidadors-de-comedor/
Grazas de novo a tódolos colaboradores estables e tamén os que estiveron e están reforzando o servizo nestas primeiras semanas.