Dende a ANPA puxémonos en contacto co Concello para intentar mellorar a circulación na entrada pola mañá.
Os últimos autobuses, ó ter que aparcar xeralmente en diagonal para deixar ós nenos/as de Infantil, poden chegar a dificultar o tránsito ós coches. Polo tanto, o Concello e Policía Local van estudar a posibilidade de bloquear dúas prazas de aparcamento, ben ó carón ou frente á porta de Infantil para facilitar a circulación.
Como sempre, recomendamos o uso do transporte escolar na medida do posible.
Manterémosvos informados a través desta canle.

