Actividades extraescolares e deportivas- Aclaración

Ante as dúbidas que algunhas familias plantexaron, adxuntamos a continuación a publicación realizada no DOG:

Restriccións ás agrupacións de persoas. «(…) Adóptase, de modo temporal a medida de limitar os grupos para o desenvolvemento de calquera actividade ou evento (…) a un máximo de cinco persoas, excepto no caso de persoas conviventes, en que non se aplicará esta limitación. Tampouco será aplicable esta limitación no caso de actividades (…) en centros educativos (…), así como no caso do deporte federado, sempre que se adopten as medidas previstas nos correspondentes protocolos de funcionamiento».

Despois de facer as consultas pertinentes, confirmáronnos o seguinte:

  • Actividades extraescolares: seguirán funcionando con normalidade, respectando os grupos estables de convivencia.
  • Actividades deportivas: poderán seguir ofertándose, ben por estar federados os nenos/as ou ben porque se ofertarán en grupos máximos de cinco persoas máis o monitor.

Aproveitamos para indicar as datas para á inscrición:

  • Baixas con respecto ó mes anterior (ex. nenos/as que cursaron actividades en outubro pero non desexan continuar en novembro): poderán facerse ata o día 26.
  • Altas ou modificacións con respecto ó mes anterior (ex. nenos que desexan incorporarse a actividades extraescolares ou modificar a selección): poderán facerse ata o día 29.
  • Continuidade nas actividades non será necesario facer unha inscrición mensual nin facer ningún tipo de comunicación. De non recibir nin solicitude de baixa ou modificación entenderáse que o alumno/a continúa coma o mes anterior.

Enviamos de novo o enlace coa proposta de actividades para novembro. Dada a limitación en algunha actividade deportiva ofertada a través de clubes recomendámosvos que, de estar interesados, fagades a inscrición o antes posible para garantir a praza.

https://anpaensinorabadeira.wordpress.com/2020/10/19/actividades-extraescolares-e-deportivas/

Publicado por ANPA ENSINO CEIP RABADEIRA

anpaensinorabadeira@gmail.com

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Crea tu sitio web con WordPress.com
Primeros pasos
A %d blogueros les gusta esto: