Dacordo coa comunicación recibida hoxe do centro, xa contamos con 21 dos 22 coidadores concedidos polo servizo de Comedores da Xunta de Galicia. Esto permite que se realicen 3 entradas no comedor:
13:15 – Educación Infantil
13:30 – 1º e 2º Primaria
14:15 – 3º a 6º de Primaria
Asimesmo, permite a adicación de 1 coidador por grupo estable de convivencia, o que mellora as garantías do servizo.
Os horarios de saída non sofren alteración algunha.
Grazas de novo ós pais/nais/titores que se ofreceron coma colaboradores de comedor.