Obradoiros familias inquedas- Concello de Oleiros

Adxuntamos información por se é do voso interese:

O Obradoiro “Educa Bonito” será impartido por María Soto, unha das referencias a nivel nacional da metodoloxía Disciplina Positiva e autora do libro “Educa Bonito”, recentemente publicado e con moi boas críticas tanto por familias como por docentes.

O Obradoiro “Acompañando na adolescencia” será impartido por Sara Vierna e Virginia Pañeda, de Almas Meraki, duas educadoras con ampla experiencia en traballar con adolescentes e familias, tanto temas de igualdade como de sexualidade e novas tecnoloxías.

O proceso de solicitude de praza ábrese o luns 2 de novembro, serán dous obradoiros de 16 horas, divididos cada un deles en 8 sesións de dúas horas cada unha, en formato online co fin de garantir tanto o seu correcto desenvolvemento, como a posibilidade de que poidan participar persoas que non poideron acudir en edicións anteriores por problemas de desprazamento.

Obradoiro “Educa Bonito” dirixido a familias con menores de 0 a 10 anos de idade. As datas son o 9, 11, 16, 18, 23, 25 e 30 de novembro e 2 de decembro, en horario de 18:00 a 20:00 horas.

Obradoiro “Acompañando emocionalmente á adolescencia” dirixido a familias con menores de 11 a 17 anos de idade. As datas son o 17, 19, 24 e 26 de novembro e o 1, 3, 10 e 15 de decembro, en horario de 19:00 a 21:00 horas.

As inscricións serán a través da sede electrónica na web municipal www.oleiros.org, no apartado cidadáns e empresas/tramites online, a partir do luns 2 de novembro ás 10:00 h e ata o mércores 4 de novembro ás 23:00 h.

O número de prazas é limitado, 20 prazas (individuais), que se asignarán por rigurosa orde de inscrición, tendo preferencias as persoas que non desenvolveran esta actividade en anos anteriores.

Os requisitos, ademáis do empadroamento no Concello de Oleiros, son dispoñer dun ordenador ou tablet, con micrófono e cámara; unha conexión a internet e un espazo para poder participar na actividade de forma tranquila o tempo que dure a sesión.

Publicado por ANPA ENSINO CEIP RABADEIRA

anpaensinorabadeira@gmail.com

Deja una respuesta

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Salir /  Cambiar )

Google photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google. Salir /  Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Salir /  Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Salir /  Cambiar )

Conectando a %s

Este sitio usa Akismet para reducir el spam. Aprende cómo se procesan los datos de tus comentarios.

Crea tu sitio web con WordPress.com
Primeros pasos
A %d blogueros les gusta esto: