Tal e como indica a web do centro, o noso colexio foi admitido para participar no programa ARCO: LIÑA 1, dirixido a alumnado de 4º, 5º e 6º de educación primaria.
Apoio, Reforzo de Competencias e Orientación. A liña concedida implicará a dotación de máis recursos e ten por obxecto:
1. Preparar o alumnado matriculado en 4º, 5º e 6º de educación primaria para a súa promoción á ESO mediante o desenvolvemento das competencias clave e mellora dos resultados académicos.
2. Reforzar mediante apoios o uso de metodoloxías activas e participativas, así como a aplicación de medidas organizativas ao alumnado que presente perfil absentista ademais de especial dificultade nas competencias en comunicación lingüística, competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, competencia aprender a aprender e competencias sociais e cívicas, ou presente áreas non superadas de cursos anteriores, prioritariamente as de Lingua galega e literatura, Lingua castelá e literatura e Matemáticas, ou que precise medidas de inclusión e axustes educativos dentro da aula ordinaria.
Tendes toda a información nos links inferiores: