No día de hoxe publicouse no DOG a orde de 6 de novembro de 2020 pola que se establecen os
criterios para a distribución de máscaras entre o alumnado de educación primaria. Deixamos
enlace ao pé deste correo, Ainda así, queremos subliñar os seguintes puntos da mesma:
- Alumnos beneficiarios:
Aqueles alumnos que fosen beneficiarios da axuda escolar para adquirir material escolar.
Aqueles que non sendo beneficiarios da axuda anterior: a) pertenzan a familias con renda per capita igual ou inferior a 6.000 €; ou b) estean matriculados en educación especial ou suxeitos a tutela ou garda da Xunta ou teñan unha discapacidade igual ou superior ao 65%. - Solicitudes:
Os beneficiarios da axuda de material non terán que presentar solicitude.
Os demais poden atopar o modelo da solicitude en: a) o centro; b) http://www.sede.xunta.gal ; c) http://www.edu.xunta.gal .
Presentaranse no propio centro. - Prazo: dende o luns día 16/11 ata o venres 27/11.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201113/AnuncioG0598-061120-0002_gl.pdf