Remitimos ao Concello as solicitudes transmitidas polas familias en relación coas melloras dos accesos ao centro:
- Iluminación pública acesa no horario de entrada na rúa do Ensino e avenida Francisca Herrera.
- Presenza da Policía Local para a regulación do tráfico con anterioridade ás 8.50, con motivo da entrada graduada ao centro a partires das 8.45.
- Revisión do protocolo de aparcamento dos autobuses para o alumnado de Infantil. Posibilidade de bloquear dúas prazas para facer unha parada anterior na porta de Infantil. Ver información anterior ao respecto: Circulación tráfico entrada- Actualización – ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS DO CEIP RABADEIRA (wordpress.com)
- Análise da posibilidade de retirada dos postes que dificultan a visión á saída da rúa do Ensino.

Manterémosvos informados a través desta canle.