Prezadas familias.
Tendo en consideración a situación actual, a orde do 26 de xaneiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada do COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia e as consultas realizadas a diversas partes, vémonos obrigados a suspender as actividades extraescolares a partires do 1 de febreiro e aló menos ata o 17 de febreiro.
Sentimos as molestias que esta decisión poda causar pero consideramos que é o máis axeitado dadas as circunstancias e as indicacións recibidas.
Por favor, comunicade ao centro (ceip.rabadeira@edu.xunta.gal) se os nenos/as afectados que teñan servizo de bus concedido os venres utilizarán o transporte ou se polo contrario serán recollidos no centro. Os que non teñen servizo de transporte deberán ser recollidos no centro ás 15:00. Os nenos que leven identificación (Infantil e 1º/2º Primaria) deberían modificar a tarxeta.
Este cambio non afecta as actividades de mañá xoves 28 de xaneiro. Demos eso sí instrucións as empresas/clubes para que estas teñan lugar, na medida do posible, no exterior (patios) do centro, coma sempre respectando os grupos estables de convivencia e as medidas de seguridade establecidas no protocolo. Como sabedes tamén, o uso dos pavillóns e instalacións deportivas non está permitido dende as 0.00 de hoxe.
Tanto Serocio como o clube de Hockey poranse en contacto directo coas familias usuarias do servizo para informar polo miúdo desta suspensión.
Esperamos que esta situación mellore nas vindeiras semanas e podamos retomar as actividades o máis cedo posible. Manterémosvos informados a través desta canle.
Informar tamén de que o servizo de madrugadores non sofre cambio algún.
Recibide un cordial saúdo e todo o noso agarimo nestos momentos. Coma sempre, podedes localizarnos en anpaensinorabadeira@gmail.com.
Buenos días. Quería saber cómo funciona el servicio de madrugadores ya que me han surgido cambios. Si podría contratarlo si hay plazas y como tendría que hacer. Somos nuevas en este cole y andamos perdidas. Muchas gracias
Me gustaMe gusta
Hola, Beatriz. En el enlace inferior tienes toda la información. Si tienes dudas puedes localizarnos en anpaensinorabadeira@gmail.com. Te confirmamos que hay plazas.
https://anpaensinorabadeira.wordpress.com/2020/09/03/servizo-madrugadores-inscripcion/
Me gustaMe gusta
Ola. Quería saber se existe agunha alternativa para aquelas familias que non poden recoller aos nenos ás 15:00, algún tipo de servizo de coidado ata as 15:15 polo menos.
Gracias.
Me gustaMe gusta
Ola, Pablo. No colexio, lamentablemente, non podemos ofertar esas actividades ata aló menos o 18 de febreiro. Como alternativa, a empresa de extraescolares, Serocio, oferta un servizo de canguros a prezos especiais. https://anpaensinorabadeira.wordpress.com/2020/09/21/servizo-canguros-serocio-desconto-anpa/
Me gustaMe gusta