Dente as ANPAs do CEIP Rabadeira e o IES Miraflores remitiuse a solicitude adxunta ao Concello de Oleiros, pedindo:
- Revisión de estado e horario da iluminación pública das rúas anexas aos centros educativos
- Instalación de sistemas disuasorios nos pasos de peóns da contorna dos centros educativos
- Extensión do horario da policía local nas entradas e saídas dos centros educatios
- Revisión dos aparcadoiros dos autobuses escolares no CEIP Rabadeira
- Revisión da visibilidade á saída da rúa do Ensino- CEIP Rabadeira
- Colocación de bolardos na entrada/saída do IES Miraflores
- Retirada das raíces das árbores nas beirarrúas do IES Miraflores
- Colocación dunha marquesina fronte o IES Miraflores
Manterémosvos informados de novas a través desta canle.
Deixamos a resposta provisional do Concello, así como as nosas suxestións:
– En primeiro lugar, as avenidas Francisca Herrera e Miguel Hernández pertencen á Xunta de Galicia polo que calquera actuación nas mesmas hai que pedila á citada Administración. Neste sentido, dende o Concello xa se realizaron varias demandas sobre esas vías e dende o departamento de Obras Públicas están a valorar o resto das solicitudes.
A ANPA Ensino Rabadeira remitirá á Xunta esta solicitude.
– En canto á iluminación das rúas do Ensino e Cruz, así como das avenidas Francisca Herrera e Miguel Hernández, pasei aviso ao departamento de servizos para ver se era posible cambiar o horario de acendido e apagado das luminarias. Dende este departamento informáronme que o sistema de alumeado está programado conforme ao reloj astronómico e van modificar o desa zona para que se apaguen un pouco máis tarde, a ver se así se arranxa o problema.
A ANPA Ensino Rabadeira solicitou adiantar tamén a hora de encendido pola mañá-
– Polo que respecta á extensión do horario de asistencia da Policía local na entrada e saída dos centros escolares, indicar, como xa o fixen noutras ocasións, que os efectivos de Policía local son limitados e acoden aos centros onde pode haber unha maior conflictividade ou perigo. En concreto, no IES Miraflores están todas as mañás, a pesar de que o centro só pediu que acudisen os primeiros días de curso. Unha vez que finaliza o servizo no IES Miraflores, recollen e montan o dispositivo noutro centro. Segundo me comenta a concelleira de Orde Pública, todo isto leva un tempo e está falado co Xefe da Policía Local para que intenten estar na Rabadeira ás 8:45 horas. Se non están algún día, é porque lles resulta imposible.
– En canto á revisión dos aparcadoiros, volvín falalo coa compañeira de Orde Pública e dime que en ningún caso os autobuses poden aparcar en diagonal, polo que de non darse esta posibilidade, carece de sentido retirar prazas de aparcadoiro que se propoñen.
A ANPA Ensino Rabadeira solicita valorar o aparcamiento en vertical, empregando prazas de Infantil.
– Respecto da finca que se atopa á esquerda da saída da rúa do Ensino, como tamén se informou, xa foi requirida no seu día para tirar un muro cego que impedía a visibilidade e o propietario cumpliu conforme o requirimento que lle foi feito. Os técnicos do Concello consideraron que con iso era suficiente pois a falta de visibilidade da saída, que sempre debe facerse cara á dereita, depende doutros factores como o trazado da vía ou o retranqueo da citada parcela. En canto á limpeza, segundo me indican, a finca está limpa de maleza aínda que podería requerirse que retiren as hedras que suben polos postes do muro, do que dou traslado ao departamento de orde pública.
A ANPA Ensino Rabadeira solicita a limpeza da finca e o retirado dos postes.
Me gustaMe gusta