Despois da boa experiencia do campamento de Semana Santa, informámosvos de que xa está aberta a inscrición para os campamentos (dispoñibles por semanas ou días soltos) de verán.

As excursións planificadas poderán ser algunhas das seguintes:
- Hinchables
- Tirolina
- Karts
- Ruta en barco pola ría
- Urban Planet
- Festa da auga
- Hinchables de auga
- Rocódromo
- Aquapark (opcional)
- Centro de educación animal CORAX (opcional)
- Bolera
- Ruta en bici
- Obradoiro de recollida de plástico e educación ambiental
- Parque de bolas
- Ruta en tren
- Laser Tag, paddel, surf, kayak (en función da idade)
- Museos da Coruña
- Ruta pola Cidade Vella
As actividades confirmadas para as primeiras semanas serían as seguintes:
Semana 1: Aquarium Finisterrae, Bolera e Hinchables
Semana 2: Muncyt, Urban Planet (camas elásticas), WE Sustainability (sólo pequenos), Laser Tag (sólo mayores).
Semana 3: Domus, Ruta en Barco, WE Sustainability (sólo maiores), Karts a pedais
Semana 4: Torre de hércules, Cine/teatro, CORAX en familia (pola tarde)
Semana 5: Casa das Ciencias, Parques entorno, Aquapark (maiores desde 8 años) e Festa da Agua (menores de 8 años).
En caso de que as familias estén interesadas no campamento tamén no mes de setembro ata o inicio das clases o día 8, poden indicalo no formulario de inscrición. Serocio valorará se hai campamentos organizados por eles na contorna aos que poidan ir os nenos nestes días de setembro (as instalacións do centro non estarán dispoñibles).
RESERVA PLAZA Campamentos Multiaventura Verano’21 SerOcio
Esperamos que sexan do voso interese.