Como vos anticipamos, dende a ANPA Ensino Rabadeira estivemos a pensar opcións para que, aínda nesta situación, o alumnado de Sexto de Educación Primaria poida disfrutar dunha xornada de convivencia a modo de despedida antes de partir cara á Educación Secundaria.
Dado o interese das familias, o 18 de maio, martes, día de libre disposición do centro, Serocio oferta unha excursión-actividade de Multiaventura no Albergue de Santa Cruz, de 10:00 a 19:30. Inclúe:
– Kayak e paddle surf
– Xogos predeportivos na praia
– Hinchables
– Laser tag
– Karts
– Obradoiro de chapas
– Búsqueda do tesouro polo Castelo e paseo de Santa Cruz
Haberá asistencia continua de monitores e cumprimento dos protocolos Covid-19. O prezo é de 18 euros por neno/a, máis 6 euros pola comida e merenda, se así o requerisen. É dicir, 24 euros pola xornada completa con comida e merenda.
Serocio ofrece tamén a posibilidade de pernocta do 17 ao 18, se é de interese para as familias, con carácter voluntario, en función da demanda que exista. O prezo sería de 30 euros adicionais (cea, pernocta e almorzo).
No seguinte enlace podedes facer a inscrición. Por favor, recordade facelo aínda que esté enviado e-mail á ANPA mostrando o interese na excursión. Agradecemos se podedes facelo antes do 30/04.
Excursión fin de curso CEIP RABADEIRA 18 de maio
Máis información:
Esperamos que @s nen@s disfruten da actividade!
Buenas tardes. Yo acabo de anotar a mi hijo para la excursión de fin de curso. Me gustaría saber más cosas por ejemplo imagino que tendremos que acercarlo/recogerlo, o por ejemplo la ropa que sería necesaria.
Un saludo
Me gustaMe gusta
Ola, Charo. A excursión organízaa Serocio. Remitiranvos toda esa información antes da excursión. Un saúdo.
Me gustaMe gusta