Dende Serocio envíannos esta opción por se é do voso interese un campamento con pernocta (tendes o ofertado no centro sen pernocta en entrada aparte)
Campamento semanal para escoller en tres quendas no mes de xullo:
1ª Quenda: a partir do domingo 11, entrada ás 20:00 e saída o venres 16 ás 16:00
2ª Quenda: A partir do domingo 18 entrada ás 20:00 e saída o venres 23 ás 16:00.
3ª Quenda: A partir do domingo 25 entrada ás 20:00 e saída o venres 30 ás 16:00.
O campamento consistirá nunha semana de experiencia cos seus colegas ou con novos compañeiros, respectando desde a entrada ata a saída a burbulla que se formará no campamento debido ao covid-19. Sería a partir de 9 anos.
O campamento está enfocado a realizar todo tipo de actividades de aventura, pasará pola realización de actividades acuáticas como kayaks, paddle surf … incluso actividades de sendeirismo, láser tag … etc.
O aloxamento completaríase durante os 6 días e 5 noites en habitacións con literas.
Podes rexistrarte na páxina web de Serocio: http://serocio.com/inscripcion-campamento-pernocta-verano21-serocio/
