A semana pasada recibimos a confirmación da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Igualdade) da concesión dunha subvención de 1.000 euros para o proxecto presentado pola ANPA en relación coas seguintes iniciativas:
- O deporte non ten xénero (dirixido a tódolos ciclos)
- O sexismo nas letras musicais (dirixido a 5º-6º Primaria)
Manterémosvos informados a través desta canle. A execución espera realizarse no primeiro trimestre do curso 2021-2022.

