Dacordo co comentado, poñemos en marcha o fondo solidario de libros entre familias xestionado pola ANPA (distinto do fondo de libros da Xunta). Os libros a recoller/entregar serán os de 3º e 4º Primaria, xa que en 1º e 2º de Primaria utilízanse libros de escritura e en 5º e 6º de Primaria Edixgal.
A data para a recollida, tanto de libros entregados o ano pasado como para novos doantes será o xoves 1 de xullo no seguinte horario, na entrada principal do centro:
9:00-10:30
19:00-20:30
Para a solicitude de libros, abriráse o seguinte formulario o luns 12 de xullo. Porémonos en contacto con todos os solicitantes para confirmar os lotes asignados e a entrega realizaráse despois de facer a cuarentena.
https://forms.gle/pYv6vndRHd4MHedYA
Grazas anticipadas pola vosa colaboración.