Informámosvos da apertura do periodo para darse de alta como socio da ANPA no curso 2021-2022.
Podedes facer o ingreso na conta ES75 2080 0202 37 3040032477 indicando nome completo da familia no concepto. Este ano podedes incorporar o xustificante de pago no propio formulario, polo que non é necesario envialo por e-mail nin cubrir folla de inscrición en papel.
Recordade que as familias socias teñen prezos especiais en actividades extraescolares, saídas, campamentos, etc.
Bo inicio de curso!