Como xa vos anticipamos, a nosa ANPA recibiu unha subvención da Consellería de Emprego e Igualdade da Xunta de Galicia (Secretaría Xeral da Igualdade) para dous proxectos relacionados co Deporte e a Música dende unha perspectiva de xénero.
Dentro do primeiro proxecto, «O Deporte non ten Xénero» buscamos fomentar a participación do alumnado en actividades deportivas, máis aló de estereotipos ou roles existentes. Unha das iniciativas consiste en difundir, coa axuda do Concello de Oleiros, a ampla oferta deportiva da nosa contorna, fomentando unha participación igualitaria de nenos e nenas.
Para elo, do 13 ao 30 de setembro, en horario de 15:00 a 16:30, o alumnado do CEIP Plurilingüe Rabadeira poderá acercarse, dunha maneira práctica e totalmente gratuita, aos deportes que incluimos a continuación. É imprescindible cubrir o formulario inferior para anotarse. Os nenos/as serán recollidos directamente do comedor e entregados ás súas familias ás 16:30 na porta de Primaria. En caso de non comer no comedor e vir dende casa, por favor, indicádeo no campo «observacións».
https://forms.gle/TUDJj6RexRVURCfQ7
(a data límite para a inscrición será a noite do sábado ao domingo anterior a cada actividade)

Esperamos que esta iniciativa sexa do voso interese, que o alumnado disfrute co acercamento a estes deportes, e que axude tamén á conciliación das familias neste mes de inicio de curso.

Buenas tardes,
He anotado a mi hija a las jornadas para que pueda probar varias de las actividades ofertadas. Quería saber si los niños deben de llevar algo de material? Q van a hacer en natación sincronizada, debe llevar bañador, chándal…? Y para hockey y esgrima, cómo deben de ir vestidos? Tendrán material para ellos?
Muchas gracias
Un saludo
El dom., 5 sept. 2021 10:53, ASOCIACIÓN DE NAIS E PAIS DE ALUMNOS DO CEIP
Me gustaMe gusta
Ola, Patricia. Simplemente teñen que levar roupa cómoda e, nas xornadas de patinaxe/hockey, patíns, se queren/teñen. En natación sincronizada, ao non haber piscina no centro, proxectaranse imaxes e farán coreografías. Un saúdo e calquera dúbida podedes escribir a anpaensinorabadeira@gmail.com.
Me gustaMe gusta