Ante a chegada o próximo mes do primeiro pago de comedor deste curso, recordámosvos as principais cuestións. Podedes atopar toda a información na web do centro e nos links deste blogue.
- O pago deberá realizarse entre o día 1 e o 20 do mes seguinte. Por favor, non fagades pagos antes destas datas, xa que poden producirse ausencias e dificulta a xestión administrativa.
- Dito pago poderá realizarse:
- Físicamente en entidades bancarias autorizadas
- A través do Espazo Abalar. Agradécese que as familias que vaian facer o pagamento por esta vía tamén avisen da realización do pago no NOVO correo comedor.rabadeira@gmail.com, para facilitar a xestión administrativa.
- A través da Oficina Virtual Tributaria (https://ovt.atriga.gal/)
- A presentación do xustificante de pago poderá realizarse
- A través do correo electrónico NOVO establecido ao efecto (comedor.rabadeira@gmail.com) – opción preferente
- Fisicamente no centro, no horario establecido e enviado. Por favor lembrade que de 11:20 a 12:30 non está permitida nin a entrada nin a saída salvo por enfermidade.
É importante que, en caso de dúbida, consultedes no correo (comedor.rabadeira@gmail.com) os días a pagar, xa que o centro xenerará as cartas de pago en formato electrónico para quen o necesite. En caso de que o alumno/a non tivese ausencias durante o mes, podedes proceder directamente ao pago (atención se o mes ten días non lectivos). Esto axudará enormemente nas tarefas administrativas do centro.
Recordamos que o e-mail comedor.rabadeira@gmail.com deberá ser utilizado tamén para comunicar ausencias ou dúbidas de comedor.
Debaixo tendes toda a información detallada, na web do centro e tamén no blogue da ANPA:
http://www.edu.xunta.gal/centros/ceiprabadeira/node/268