A raíz das cuestións e inquietudes recibidas, confirmarvos o vindeiro mércores 29 de setembro tanto a ANPA como as representantes das familias teremos reunión de Consello Escolar onde xa pedimos incluir este tema na orde do día do seguinte Consello a principios de curso. O Centro informarános tamén da resolución das convocatorias ARCO e PROA+, polo que teremos a listaxe definitiva do persoal de Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe que atenderá ao alumnnado do centro durante o curso.
Adicionalmente, informarvos que tamén participamos en grupos de traballo con outras ANPAs do Concello e no denominado «Dereitos, non Parches».
Coa información que teñamos seguiremos dando pasos conxuntamente co Centro para asegurar que tanto do alumnado con necesidades educativas especiais coma do resto reciban a atención necesaria. No link inferior podedes seguir as novas do Consello Escolar.