Tralo paso dun total de 12 clubes deportivos da contorna, pechamos este capítulo da Iniciativa de Igualdade de «O Deporte non ten Xénero». Máis de 70 rapaces e rapazas poideron acercarse ao deporte dende unha perspectiva de igualdade, rompendo roles e estereotipos. Agradecer ante todo a colaboración do centro, Concello, clubes, familias e colaboradores nesta iniciativa.
Para a súa clausura, invitamos non só a tódalas familias participantes, senón tamén ao resto da comunidade educativa, a participar nun interesante obradoiro interactivo impartido por Marina Castro (docente investigadora da Facultade de Ciencias do Deporte e Educación Física, UDC, parte do grupo de investigación Educación, Saúde e Actividade Física: Estudos de Xénero) o martes 5 de outubro ás 19:00, no que tamén repasaremos o que deu de sí esta actividade do mes de setembro na que participaron os vosos fillos e fillas. Pensamos que pode ser unha ceremonia de clausura virtual moi interesante. Debaixo o enlace:
https://us04web.zoom.us/j/75110756567?pwd=MHJJNUlkOG85UkM0T3dLdTNLVjVrQT09
ID de reunión: 751 1075 6567
Código de acceso: AqF25h
Asimesmo, se algunha familia está interesada en ampliar información sobre algún dos deportes amosados, tendes toda a información dos clubes no detalle inferior.
Seguiremos traballando nesta iniciativa, conxuntamente co centro, nas vindeiras datas. Suxerímosvos que sigades o blogue para próximas actividades de Igualdade.
