O CEIP Rabadeira foi seleccionado para desenvolver o CONTRATO PROGRAMA, na modalidade de IGUÁLA-T.
Este programa pretende rachar coa transmisión de estereotipos e eliminar as desigualdades entre homes e mulleres, para previr e abordar a violencia de xénero así como para poñer en valor a diversidade. Os centros educativos desempeñan un papel importante no ámbito da coeducación dende as idades máis temperás, contribuíndo ao desenvolvemento integral do alumnado, axudándolle a identificar as desigualdades e colaborando na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.