Lembrámosvos as principais consideracións que debemos ter en conta para evitar a transmisión do Covid 19. Se todos somos prudentes podemos reducir os contaxios.
É moi importante NON enviar ao neno/a o colexio nas seguintes circunstancias:
- se o alumno/a ten síntomas compatibles coa COVID-19 (ver enquisa autoevaluación), poñéndose en contacto co seu pediatra e con algunha das persoas membros do equipo COVID do centro educativo.
- se algunha persoa do núcleo familiar é sospeitosa de padecer a COVID-19, o alumno/a ata que se coñeza o resultado da proba e sexa negativo. A persoa afectada ou a súa familia comunicarán o resultado á persoa coordinadora COVID do centro.
Tamén é necesario considerar que, se algún contacto estreito do neno/a (ex. coidadores, profesores/compañeiros de actividades fora do centro, etc.) é necesario seguir a mesma lóxica.
Adxuntamos un esquema que esperamos sexa de utilidade:
