Adxuntamos no link inferior a Orde publicada o pasado 26 de outubro na que se regula a Atención á Diversidade. Nela establécese a atención ao alumnado con necesidade acreditadas de apoio educativo (NEAE) e con necesidades educativas especiais (NEE). Tamén as medidas ordinarias e extraordinarias para este alumnado.
Dado que a nova norma implica a actualización da documentación e recursos no centro, dende a ANPA remitimos escrito ao departamento de Orientación e á Dirección do Centro para solicitar que se adapte a documentación necesaria e os recursos asignados ao alumnado con necesidades educativas especiais (NEE), necesidades específicas de apoio educativo (NEAE) en en situación de vulnerabilidade dacordo con esta nova Orde no menor prazo posible, así como a elaboración dun Plan de Atención á Diversidade detallado e de calidade, para a correcta atención ao alumnado do Centro.
https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2021/20211026/AnuncioG0598-211021-0005_gl.html