En novembro do ano pasado (ver entrada inferior) solicitamos á Xunta de Galicia o cambio dos pavimentos dos patios, xa que o actual (de asfalto con pedras) ocasiona feridas desproporcionadas cada vez que un neno/a cae. Con posterioridade, nunha reunión coa Unidade Técnica da Consellería de Educación, anuncióusenos que éste sería cambiado no ano 2021.
Non tendo novidades a día de hoxe, remitimos novo escrito amosando exemplos concretos dos accidentes e feridas, solicitando a súa sustitución/modificacion o antes posible. Manterémosvos informado/as a través desta canle.