A ANPA Ensino Rabadeira, co fin de fomentar a reciclaxe, ven de ter concedido un punto de recollida de instrumentos de escritura de Terracycle. Esta organización recolle e transforma os refugallos máis atípicos, como podedes ver no link inferior, transformándoos en outros obxectos (ex. cadeiras e bancos para parques).
https://www.terracycle.com/es-ES/brigades
Para participar nesta iniciativa unicamente é necesario que o alumnado leve os instrumentos de escritura esgotados ou sen uso aceptados da imaxe (non pegamento, lápis, gomas, regras ou tesoiras) e faga a entrega ao seu titor/a. Na clase organizaráse a entrega no punto establecido no centro.

Por cada instrumento entregado, Terracycle entregará 1 céntimo á ANPA. Os importes recibidos, no seu caso, serán investidos en máis iniciativas relacionadas coa reciclaxe no centro.

Deixamos debaixo máis información. Grazas anticipadas pola vosa colaboración!