Dende a iniciativa de Igualdade da ANPA Ensino Rabadeira, «O Deporte non ten Xénero» plantexamos ao Centro traballar o libro «Iriña Bailarina» na aula, así coma a representación teatral ao Concello, que a incorporou á programación do Servizo de Normalización Lingüística para todos os centros educativos. Igualmente, doamos un exemplar adicional do libro á biblioteca do centro.
Desta maneira, o alumnado de 1º e 2º de Primaria terá a oportunidade de traballar a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais, así coma acudir á representación teatral o vindeiro 7 de marzo no auditorio de Mera. Grazas a Centro e Concello!
