Dende a ANPA Ensino Rabadeira propuxemos unha iniciativa de acollida a especialmente indicada para familias que se incorporan co curso xa iniciado (distinto a 4º Infantil), dentro do plan de acollida do Centro.
O obxectivo sería que o alumnado que entra no noso centro sexa acollido previamente por unha familia (ou familias) do mesmo curso no que o seu fillo/a se incorpore. Exemplos de acollida sería unha quedada nun parque do Concello para coñecer a futuros compañeiros/as, consellos sobre os servizos da contorna (clubes deportivos, extraescolares, etc.) ou calquer outra información de interese para unha familia que ven desprazada ao noso centro. Desta maneira, tanto a rapazada como os seus familiares contarían xa cun punto de referencia que facilitaría a súa integración.
No link inferior tendes o formulario para apuntarvos a esta iniciativa. Dependendo da vosa disponibilidade poríamosvos en contacto entre familias, e sempre garantizando a protección de datos.
https://forms.gle/GWMxQNfoVLDf3tA19
Grazas anticipadas pola vosa colaboración.
