Dacordo coa información recibida, nestas vacacións de verán aproveitarase para facer as obras no patio de Primaria e zona verde cedida polo Concello, dentro do proxecto de patios.
Polo tanto, lanzamos o cuestionario inferior para saber se existe demanda por parte das familias para un campamento no Centro neste ano particular, tengo en conta os seguintes aspectos:
- O patio de Primaria, a zona verde superior e o parte do interior do edificio Primaria estará en obras
- Os espazos dos que dispoñeríamos para o desenrolo do campamento serían edificio de Infantil, o patio cuberto de Infantil, zona de pedras e a zona verde
- O campamento desenrolaríase únicamente no mes de xullo, ao ser o mes no que hai persoal de garda no centro
O resto do campamento sería exactamente igual: ofertado por Serocio, únicamente para nenos/as do Centro, con opción de madrugadores e almorzo e dúas saídas á semana.
A alternativa que teríamos sería que as familias acudisen ao Albergue de Santa Cruz, onde Serocio ofrece tamén desconto a familias socias ANPAr.
Agradecemos se podedes cubrir a enquisa inferior en caso de, aínda nestas circunstancias, estar interesados no campamento no CEIP Rabadeira.