Despois da consulta/enquisa realizada a familias, e tendo en conta tamén a confirmación de que no centro (patio de Primaria) haberá maquinaria pesada que pode causar ruido, pó e outras molestias, consideramos oportuno non realizar este ano o campamento no centro.
Coma xa vos indicamos, tendes á vosa disposición as outras sedes de Serocio (Albergue de Santa Cruz, Valle-Inclán, etc.), desfrutando do mesmo desconto coma familias socias da ANPA.
Esperamos que poidades entender esta decisión e que o alumnado desfrute destas actividades noutro entorno. Vémonos o ano que ven.
